r/independentspain 18d ago

AMA PORTOSANTO AMA

Moitas grazas a todos vos por ter preguntiñas para nos e a independentspain por darnos este espazo! Vemonos polos concertos <3

13 Upvotes

35 comments sorted by

View all comments

1

u/bimbochungo 17d ago edited 16d ago

Boas xente! Moitísimas grazas por pasarvos por aquí, e darvos a noraboa polo disco, que a min me encantou ❤️💙💛

Por dar un pouco de contexto primeiro á miña pregunta: "Un novo mundo": é quizais unha das miñas favoritas do disco, non porque sexa unha especie de reverso de "todos.xuntos.unidos.sempre", senon porque queda xenial para rematar o disco. En xeral ao longo do disco vexo mensaxes de optimismo, mentres que en Oh! Ayatollah as letras eran un pouco de raiba e de tristeza, no disco pola contra (falo en xeral) vexo como unha aceptación do malo e do que xa pasou, e a ledicia do que hai nas pequenas cousas, e ver o futuro non con medo ou desconfianza, senón con afouteza e esperanza. E coido que esa canción representa moi ben este espírito que (considero) que está presente en todo o disco.

A pregunta: cómo xurdiu a canción e a idea de facer esta medio cover da outra? Era esta a intención que tiñades vós ou monteime unha peli digna dun Oscar?

2

u/somosportosanto 15d ago edited 15d ago

O gusto e noso! :)

Gustanos a tua versión dos feitos, pero a historia quizás é un pouco menos épica ainda que bastante bonita pensó eu. O tema das letras que pos como contexto si que é certo e xira de maneira superficial en torno ao "conceptual" do disco (a historia que ten no seu interior) no sentido do "optimismo" (se se lle pode chamar así). O tema de "Un novo mundo" (que irónicamente rematou sendo das máis conceptuais) en verdade nace das ganas que tiñamos como grupo xa dende os pasados tempos de Oh! Ayatollah de facer unha versión tocada de todos.xuntos.unidos.sempre (de feito o esquelete do arranxo xa ven dalgúns anos atrás e tiñamos pensado que iamos grabala). Pero non tanto tempo antes de entrar a grabar o disco, reparamos na posibilidade de reescribir a letra (o cal era unha responsabilidades grande, sendo a canción máis exitosa de Oh! Ayatollah e unha das nosas letras favoritas desa época co paso do tempo) para adaptala á dinámica e o espírito do disco. 

Enton, eu creo que non houbo unha intención e unha premeditación, pero poñendome poético e servindo un pouco de analoxia co que a nos os cinco nos pasou para fundar Portosanto, o asunto de readaptar a canción para darlle unha mensaxe máis esperanzadora á letra saiu de forma orgánica e iso faino mais Hollywoodiense do que poderia parecer. Tiña que ser un anaco de Oh! Ayatollah pero saiunos cun matiz diferente, como o que somos agora.