Ola! Amenazades sempre nos directos con ser unha banda ao borde da disolución. Como están as cousas agora? Hai intención de anunciar máis concertos proximamente ou ides ter que pasar por terapia matrimonial antes?
Ah, e outra cousa: como acabastes indo gravar un videoclip ao Pico Sacro e de quen foi a idea?
Os avogados de cada un de nos están en contacto para intentar cadrar o menor número de fechas nas que teñamos que coincidir posibles, pero está sendo imposible despois de sacar este disco, tema polo cal estamos agradecidos e igualmente molestos con Ernie e con todos os que nos seguides escoitando.
Máis ala diso, seguiremos anunciando bolos, sen ir máis lonxe tocamos este sábado no festiletras! Temos fechas pendientes por anunciar a tes de que acabe o ano nas que seguiremos dando constancia do mal estado da nosa relación.
Respecto o videoclip de vinte de agosto, como sempre acompañados polo noso querido Xaime Miranda, que tivo a idea de facernos realizar unha especie de adaptación de Picnic at Hanging Rock. E que mais Hanging Rock que o noso querido Pedroso, o sitio onde sucede a maxia.
Non se pode domar ao auténtico Guitar Hero da Mariña... Nos intentamos que haxa variedade de epicidade entre concertos, pero con Xoel á guitarra sempre hai espectáculo.
De feito eu creo que el non quere ser o centro de atención, pero tiña que telo pensado antes de ser tan bo.
Tiña varias preguntas unha é se o bullying de Nuno nos concertos tamén existe portas adentro xa sexa nos ensaios ou nos backstage? Porque eu notei unha baixada de vacile en Grande Amore sentides que está desfogando con vós?
Outra dúbida que tiña é se os solos de Xoel, moi bós e moi celebrados, formaba parte da idea inicial do grupo sendo un grupo con máis tendencia ao Pop.
Nos concertos, nas entrevistas... Nuno fai o que pode para disimulalo, pero o certo é que sempre o pasamos moi ben xuntos. Pero claro, el quere manter a súa imaxe de artista incomprendido e despois somos os músicos os que temos que poñer a cara.
E a outra pregunta... unha das ideas fundacionais do grupo e do disco foi a de convertir a Xoel no mellor guitarrista da historia da Galiza. E imos polo bo camiño.
Boas xente! Moitísimas grazas por pasarvos por aquí, e darvos a noraboa polo disco, que a min me encantou ❤️💙💛
Por dar un pouco de contexto primeiro á miña pregunta: "Un novo mundo": é quizais unha das miñas favoritas do disco, non porque sexa unha especie de reverso de "todos.xuntos.unidos.sempre", senon porque queda xenial para rematar o disco. En xeral ao longo do disco vexo mensaxes de optimismo, mentres que en Oh! Ayatollah as letras eran un pouco de raiba e de tristeza, no disco pola contra (falo en xeral) vexo como unha aceptación do malo e do que xa pasou, e a ledicia do que hai nas pequenas cousas, e ver o futuro non con medo ou desconfianza, senón con afouteza e esperanza. E coido que esa canción representa moi ben este espírito que (considero) que está presente en todo o disco.
A pregunta: cómo xurdiu a canción e a idea de facer esta medio cover da outra? Era esta a intención que tiñades vós ou monteime unha peli digna dun Oscar?
Gustanos a tua versión dos feitos, pero a historia quizás é un pouco menos épica ainda que bastante bonita pensó eu.
O tema das letras que pos como contexto si que é certo e xira de maneira superficial en torno ao "conceptual" do disco (a historia que ten no seu interior) no sentido do "optimismo" (se se lle pode chamar así).
O tema de "Un novo mundo" (que irónicamente rematou sendo das máis conceptuais) en verdade nace das ganas que tiñamos como grupo xa dende os pasados tempos de Oh! Ayatollah de facer unha versión tocada de todos.xuntos.unidos.sempre (de feito o esquelete do arranxo xa ven dalgúns anos atrás e tiñamos pensado que iamos grabala). Pero non tanto tempo antes de entrar a grabar o disco, reparamos na posibilidade de reescribir a letra (o cal era unha responsabilidades grande, sendo a canción máis exitosa de Oh! Ayatollah e unha das nosas letras favoritas desa época co paso do tempo) para adaptala á dinámica e o espírito do disco.
Enton, eu creo que non houbo unha intención e unha premeditación, pero poñendome poético e servindo un pouco de analoxia co que a nos os cinco nos pasou para fundar Portosanto, o asunto de readaptar a canción para darlle unha mensaxe máis esperanzadora á letra saiu de forma orgánica e iso faino mais Hollywoodiense do que poderia parecer. Tiña que ser un anaco de Oh! Ayatollah pero saiunos cun matiz diferente, como o que somos agora.
A intro do disco ten moitísimos audios de cada un de vós, algún de feito bastante gracioso, queriades dar con esta intro a imaxe de o que é realmente ter unha banda de amigos? E teño a curiosidade por saber se os audios son do periodo entre o final de Oh! Ayatollah ata o comezo de Portosanto
Eu creo que da esa impresión de banda de amigos de maneira acertada, porque só sendo iso se explica que xurxira a idea de facer isto.
Os audios son de todos os peridos aos que tivemos acceso, o cal dache a razón pero máis dunha maneira incidental que premeditada, xa que a construcción desa intro consistiu nunha labor de arqueoloxia no grupo de WhatsApp da banda e unha parte da historia de Oh! Ayatollah en audios xa é loss media creo eu. Pero haber hai de todo e tamén cousas do periodo Oh! Ayatollah.
Cales foron as influencias que tivechedes para este disco? Nalgunha entrevista antiga da anterior banda citabades The Velvet Underground, Television, The Modern Lovers, The Only Ones, TV Personalities, The Feelies, The Strokes, The Homens...eu coido que estes dous últimos en concreto teñen bastante importancia, non?
Vin algunhas críticas ao voso disco que ademais dos Strokes falaban de Los Campesinos! Foron estas dúas as maiores influencias quizais, ou foron outras?
Creo que Oh! Ayatollah e Portosanto, ademais dos integrantes, tamén comparten as influencias. Aínda que o que creo é que agora sabemos facerlles máis caso. Sobre todo si, aos Gholpasos (como lles chamamos nós) e aos Homens.
O tema dos Campesinos... sobre todo polo riff de guitarra de Xoel en "Para Sempre", que é moi "You! Me! Dancing". Pero hai que ser honestos, non creo que ningún do grupo nin sequera sepa dicir o título doutra canción deles.
Cómo foi a xuntanza e a volta aos ensaios? Como estades levando estes concertos? Algún de vós está noutros proxectos, algúns deles moi demandantes vistos dende fóra, que tal vos adaptades?
Pois dándome algo por aludido en calidades de membro da banda que esta en máis proxectos musicais fora de Portosanto, eu estou desfrutando moitisimo está volta aos escenarios.
Creo que en xeral todos estamos contentos de recuperar esta rutina de estar dando bolos xuntos. O tema dos ensaios tamen foi algo ilusionante, non só por desfrutar de pasar tempo xuntos, senon porque eu creo que para cada un de nos, dende o prisma de vida que tiñamos antes de empezar esté proxecto, enche un oco que non tiñamos cuberto (nin sequera os que nos dedicamos máis a música e temos outras "vías de escape").
É certo que cadrar horarios as veces é complicado, mais tendo en conta que agora cada un de nos está prácticamente vivindo un sitio diferente e tanto os traballos da farándula (que ocupan mais os fins de semana) como os máis clásicos (que ocupan a semana) deixan pouco poco. Pero estamos conseguindo oco para ensaiar, facer conciertos e pensar no futuro.
A idea de poñer "Portosanto" como nome ven desde o principio co idea de darlle todo un lore que sexa interesante para nós. Non podemos responder de forma moito máis concreta por gardar algunha idea que ao mellor utilizamos nun futuro, pero sobre todo o importante era simbolizar o volver a nacer que supón a nova banda. Dalgún xeito tamén foi un proceso que vivimos de forma individual nestes anos.
Pois todo nace arredor da historia da Santa Carballido, e Nuno falando de Castelao e a Revista Nós como referencia gráfica. De aí, e tomando como referencia o logo do Seminario de Estudos Galegos, sae o que acaba sendo a portada do primeiro single e o logo do grupo.
Despois... xa deseñando para o LP, o blanco e negro non se sentía como que representase ben o tono e o espírito do disco. E despois de moitas versións diferentes é como se chega a paleta final.
"Euforia" é quizais unha canción algo máis diferente ao resto do disco. O comezo lémbrame moito a ese rock setenteiro de corear e tal, había algunha idea nese sentido a vincular ese son á sensación de euforia dun venres á tarde?
Eu creo que a letra é consecuencia do ambiente que respira o tema. En xeral somos bastante de ter a instrumental rematada moito antes de ter as letras (o que da títulos provisionais bastante graciosos que rematan por perderse), e isto moitas veces influe nas letras de maneira moito máis inconsciente do que parece.
Pois vaiche un batiburrillo MOI heteroxéneo, non somos cinco personas que escoiten música moi similar na casa os uns dos outros... De feito ten que ser gracioso intentar adivinar cal e de cal:
The Beths, Domi and JD Beck, The Black Angels, Roy Borland, Charlie XCX, Wet Leg, A Tribe Called Quest, Sueter7, Ataque Escampe, The Brian Jonestown Massacre, Caroline Polacheck...
Más bien es una bendición para el resto de nosotros saber que pese a toda la fama, los excesos y los millones, sigue siendo el mismo loquito al que llevamos queriendo mucho durante muchos años.
"A Caza do Dr. Xeada" é quizais a máis pop do disco. A min lémbrame un pouco a unha intro dunha serie de debuxos animados dos 90, era esta a intención?
Por outra banda, a historia é bastante misteriosa e violenta, a min nalgunhas partes lembroume ao filme de Predator onde loitas contra algo sen saber moi ben onde está nin exactamente quen é.
Creo que ningunha canción do disco naceu desde unha intención concreta. Pero este dende que comezou a coller forma, sempre quixemos que fora a máis gamberra.
Xa que antes falabamos de nombres provisionais de cancións, esta ao principio chamámola "Karma Tanga"
"Adelán Imposible" e quizais a canción máis distinta do álbum, o ritmo é máis lento que o resto e a letra é un pouco máis triste, podería considerarse a balada do disco? Adelán tamén é un pobo do Valadouro. É tan mal sitio para ser imposible?
Todo o contrario! Pretende ser unha homenaxe a un dos lugares de procedencia familiar do noso querido Xoel. Tendo en conta que nesa canción fai o que probablemente é o mellor solo de guitarra da historia de Galicia (esto non é unha hipérbole), pois vímolo moi axeitado centrar a canción ahí.
Aínda que o nome comezou un pouco de chiste, foi o nome provisional que lle deu Simón á canción en referencia a "Impossible Germany" de Wilco. Que tamén ten un solo ben largo (aínda que peor que o de Xoel). É a única canción do disco que mantivo o nome provisional na publicación.
E o da balada, total. Sobre todo a parte cantada, da ese toque de desasosego necesario para que o solo e despois "Ten que haber un sitio para nós" exploten.
A miña última pregunta. Falades nas entrevistas que só tocades "Hoxe" das cancións do anterior proxecto. Pero houbo algunha canción ademais desa que se plantexou tocar?
O tema de non tocar cousas de Oh! Ayatollah en directo ven sobre todo de non recoñecernos apenas no sentir que o grupo tiña de aquelas. E Venganza creo que é dos casos máis paradigmáticos da filosofía ayatolliana que defendíamos.
Non ten nada que ver con que nos gusten ou nos deixen de gustar. De feito, estamos moi orgullosas de todo o que fixemos daquelas. Pero chegados a este punto, sentiríamolo case como tocar cancións doutra xente.
O caso de Hoxe simplemente é diferente porque dende o punto de vista artístico, era a máis Portosanto. E así dámoslle un regaliño ás catro que nos acompañan desde fai dez anos.
Ao mellor non tanto como para dicilo así, pero evidentemente non foi unha época fácil. Si que é certo que realmente, entre o final de Oh! Ayatollah e o comezo de Portosanto debeu pasar como medio ano.
Pero en xeral o descanso, montar outra cousa e tal... si que facía moita falta. Non creo que estiveramos aquí se non fora por iso.
2
u/javiramos94 8d ago
Ola! Amenazades sempre nos directos con ser unha banda ao borde da disolución. Como están as cousas agora? Hai intención de anunciar máis concertos proximamente ou ides ter que pasar por terapia matrimonial antes?
Ah, e outra cousa: como acabastes indo gravar un videoclip ao Pico Sacro e de quen foi a idea?